Jueves, 2026/Ene/15, 4:26:59 PM
Bienvenido(a) Visitante | RSS

                     

Inicio
Registrarse
Entrada
Categorías de la sección
Deportes [4] Tui [30]
Web [3] DGT [1]
Solidarios [5] eventos [2]
Nacional [4] Internacional [3]
Humor [2] Turismo [4]
Cocina [3] S.O.S Bebes robados Galicia [1]
Tomiño [5] Porriño [2]
A Guarda [4] Consejos de pareja [2]
Nigrán [0] Gondomar [0]
Vigo [2] Baiona [0]
Salvatierra [0] Ponteareas [0]
Economía [0] Motor [0]
Salud [10]

Búscar

DONACIONES
Eurotui no esta financiada por ninguna institución pública ni privada ni tiene carácter lucrativo , si deseas hacernos una donación para mejorar nuestro servicio puedes hacerlo desde aquí .

Inicio » 2012 » Octubre » 18 » TUI ; Bases particulares reguladoras de Becas de estudios para enseñanzas musicales curso 2012-2013
10:58:16 AM
TUI ; Bases particulares reguladoras de Becas de estudios para enseñanzas musicales curso 2012-2013
El Ayuntamiento de Tui a través de varios métodos de publicidad ha publicado las siguientes bases para Becas de Estudios para enseñanzas musicales en el curso 2012-2013 .

DONA IRENE SÚAREZ LÓPEZ, Secretaria do Excmo. Concello de Tui (Pontevedra), salvo erro ou omisión involuntaria, CERTIFICA:

 

Que o Sr. Alcalde-Presidente, adoptou a seguinte resolución, de data 5 de outubro de 2012 , cuxo contido literal é o seguinte:

 

 

"RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- BASES PARTICULARES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE BECAS DE ESTUDO PARA ENSINANZAS MUSICAIS DO CURSO 2012-2013"

 

Vista a proposta de bases particulares reguladoras da convocatoria de becas de estudio para ensinanzas musicais do curso 2012-2013

 

Conformado o preceptivo expediente segundo o art. 9.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Lei Xeral de Subvencións, esta Alcaldía-Presidencia, órgano competente segundo o disposto no art. 21.1. f) da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVE:

 

PRIMEIRO.- Autorizar gasto por importe de 7.000 €, que se financiará con cargo á partida 324.481.02, para a concesión de becas de estudio de ensinanzas musicais.

 

SEGUNDO.- Aprobar as seguintes bases particulares reguladoras da convocatoria de becas de estudio para ensinanzas musicais do curso 2012-2013 co seguinte teor literal:

 

 

"BASES PARTICULARES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE BECAS DE ESTUDIO PARA ENSINANZAS MUSICAIS  CURSO 2012-2013.

 

O Concello de Tui dende fai anos ven realizando  o programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar algunhas familias deste termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión en réxime de concorrencia competitiva.

 

O texto íntegro das presentes bases estará dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na súa páxina web (www.concellotui.org) e no Taboleiro principal da Escola Municipal de Música polo prazo de 20 días dende a data de aprobación da presente convocatoria. Asemade os mestres de ensinanzas musicais do Concello encargaranse de darlle a publicidade necesaria para que tódolos alumnos/as teñan coñecemento da presente convocatoria.

 

 

1ª.- OBXECTO, BENEFICIARIOS/AS, APLICACIÓN PRESUPOSTARIA E LIMITES Á CONCESIÓN DE AXUDAS:

 

As axudas municipais de ensinanzas musicais, para alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Musica curso 2012-2013, vai destinado a persoas matriculadas no Conservatorio Grao Medio e Escola de Musica deste termo municipal, pertencentes a unidades familiares con ingresos brutos anuais ponderados segundo o descrito no apartado 5ª.-Determinación e ponderación de ingresos, e que non superen 3 veces o IPREM (22.365,42 €).

 

Os obxectivos son:

1.-Chegar a aquelas familias que realmente precisen desta axuda.

2.-Que os alumnos/as pertencentes a familias cun baixo nivel de ingresos teñan acceso a beca.

3.-Realizar un seguimento daquelas familias que se detecten de alto risco.

4.-Análises da poboación demandante e valoración das súas necesidades.

As axudas que se concedan financiaranse con cargo á partida de gastos 324.481.02 do orzamento municipal na contía total máxima de 7.000,00€; concedendo as axudas por orden de puntuación e ata o límite máximo do crédito orzamentario.

 

 

2ª.-REQUISITOS DOS/AS SOLICITANTES:

 

1.- Estar matriculados/as ou ter fillos/as matriculados/as no Conservatorio Grao Medio e Escola de Música Municipal.

2.-Estar empadroado/a en Tui, tanto a persoa solicitante como no caso de menores ó pai/nai ou titor/a legal se os tivera, así como os nenos/as para os/as que se solicita a beca, con anterioridade á data de publicación destas bases.

3.-Que a familia non supere os ingresos brutos estipulados.

4.-Non ser beneficiario/a doutras entidades ou organismos públicos ou privados de axudas por este concepto; e non superar o limite de ingreso establecido.

5.- Ter o curso completo aprobado (referido ao período lectivo 2011-2012), agás para os que inicien os estudios este período lectivo, os cales deberán estar matriculados na totalidade de materias correspondentes ao primeiro ano.

6.- Comunicar a solicitude ou obtención de subvencións axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público, nacional e /ou internacional

7.- De incumprir algún destes requisitos  arquivarase o expediente sen máis trámite

 

 

3ª.-DOCUMENTACION A PRESENTAR:

 

a) Solicitude , en modelo oficial, no rexistro xeral deste Concello, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios desta Casa  Consistorial, e do Conservatorio Municipal así como  na súa páxina web .

 

b) Fotocopia do D.N.I., NIE, Pasaporte ou documento análogo,  da  persoa que actúa como solicitante e  das persoas que convivan con el maiores de 16 anos. (en vigor)

No caso de NIE este terá que presentarse por tódalas persoas residentes no domicilio indistintamente da idade dos mesmos.

 

c) No caso de menores fotocopia do libro de familia completo, agás dos fillos/as que non convivan no domicilio.

 

Todos os datos económicos solicitados refírense ó exercicio económico 2011.

 

d) Xustificante de ingresos mensuais do ano 2011 do pai/nai ou titores , alumnos/as  que soliciten axuda , e dos demais membros da unidade de convivencia maiores de dezaseis anos que convivan no mesmo domicilio dos/as alumnos/as para as que se solicita axuda, agás os que non pertenzan á unidade familiar.

 

e) Fotocopia de tódalas follas da declaración da renda 2011 ou no caso de non estar obrigado a facela certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria de Tui.

 

f) Tamén se computara os ingresos do cónxuxe ou da parella á cal se atope unido/a por análoga relación, así como dos fillos/as maiores que existan.

 

Mediante presentación de:

 

- Nóminas do ano 2011;

- Certificado do INSS ou entidade pagadora da pensión/s que percibiran no ano 2011;.

- Certificado de alta e prestacións do Instituto Nacional de Emprego;

- Fotocopia de tódalas follas da declaración da renda 2011 ou no caso de non estar obrigado a facela certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria de Tui.

 

No caso de non poder acreditala situación económica cos documentos anteriormente apuntados, terán que facer unha declaración responsable dos ingresos familiares.

 

g) Copia da matrícula no Conservatorio ou Escola e xustificante bancario do pago da mesma

 

h) Certificado Conta Cliente, expedido pola entidade bancaria. (Do que terá que ser titular o un dos titulares o/a solicitante).

 

I) No caso de alegar calquera das circunstancias excepcionais descritas no artigo 4º do baremo a aplicar, xustificante das circunstancias alegadas, en documento oficial.

 

O departamento de servicios sociais resérvase o dereito a solicitar a documentación necesaria para aclarar a situación socioeconómica.

 

 

4ª.- BAREMO A APLICAR: 

 

Definición de unidade familiar : Considéranse membros computables da unidade familiar a efectos de solicitude desta axuda:

·       Pai e/ou mai (os seus ingresos considéranse ó 100 %)

·       Solicitante (os seus ingresos, no seu caso, considéranse ó 50%)

·       Irmáns solteiros/as menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2011 (no seu caso, considéranse ó 50%)

·       Irmás maiores de 25 anos só con discapacidad, física, psíquica ou sensorial (os seus ingresos, no seu caso, considéranse ó 50%)

·       Ascendentes que xustifiquen a súa residencia (os seus ingresos, no seu caso, considéranse ó 50%)

·       En caso de solicitantes, con unidade familiar independente (os seus ingresos considéranse ó 100 %) , serán membros computable o seu cónxuxe (o análoga relación), (os seus ingresos considéranse ó 100 %)  e fillos/as .

SITUACIÓN LABORAL: Por cada un dos membros computables da unidade familiar:

 

·  Traballo fixo/indefinido.. e autónomos 0 Puntos

·  Traballo temporal con contrato, Prestacións , Subsidios, 2 Puntos

·  Pensionistas SS. ou Clases pasivas 3 Puntos

·  Familias nas que axudas veñan de forma exclusiva de axudas de carácter social. (PNC,RISGA, RAI...) 4 Puntos

 

SITUACIÓN DA VIVENDA

 

·  Vivenda Propia 0 Puntos

·  Vivenda alugada ou amortizando 1 Punto

·  Vivenda cedida ou en convivencia 2 Puntos

 

 

OUTRAS VALORACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL

 

·  FAMILIAS NUMEROSAS  :

 

*  Categoría Xeral 2 puntos

*  Categoría Especial 4 puntos

 

·  Familias nas que algún membro da unidade familiar teña cualificación de grao de minusvalía legalmente recoñecido, (xustificado mediante a presentación de certificado de minusvalía en vigor,emitido polo EVO da Xunta de Galicia)  3 puntos.

 

·  Familias nas que algún dos seus membros teña recoñecido un grado e nivel de dependencia, (xustificado mediante presentación de fotocopia do dictame proposta do equipo de valoración da dependencia da Xunta de Galicia). 3 puntos

 

·  Familias monoparentais. 3 puntos

 

VALORACION ECONOMICA

 

 

 

5ª.- DETERMINACIÓN E PONDERACIÓN DE INGRESOS:

 

A)   Os ingresos da unidade familiar ou de convivencia determinaranse de acordo co establecido no artigo 4.1º do Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012

 

Asemade, para a determinación dos ingresos familiares terase en conta, cando sexan debidamente acreditados, os exentos de tributación, prestación de incapacidade permanente ou grande invalidez, prestacións familiares por fillo a cargo, pensión de orfandade ou calquera outro exento de tributación.

 

B)   Aos ingresos familiares determinados consonte o anterior aplicaráselles, en función do número de membros da unidade familiar, o coeficiente multiplicador corrector seguinte:

 

a.    Familias de un membro: 1,00.

b.    Familias de dous membros: 0,90.

c.    Familias de tres membros: 0,80.

d.    Familias de catro membros: 0,75.

e.    Familias de cinco o máis membros: 0,70.

 

C)   Se algún membro da unidade familiar ou de convivencia é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondería.

 

 

6ª.-IMPORTE DAS BECAS:

 

O Conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custe da actividade que vaia a desenvolver a persoa beneficiaria, sen que a axuda municipal poida superar a porcentaxe do 70% de dito importe (custe da matrícula), agás nos casos sinalados no artigo 8 da Bases Xerais Tipo Reguladoras da Concesión de Subvencións.

 

 

7ª.-INSTRUCCIÓN E ÓRGANO INSTRUCTOR:

 

A instrucción do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á Traballadora Social, a cal realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

As actividades de instrucción comprenderán:

-        Petición de cantos informes estime necesarios ou aqueles que sexan esixidos polas normas que regulen as subvencións. Todos serán emitidos nos prazos regulamentarios para resolver.

-        Avaliación das solicitudes ou peticións, realizada segundo os criterios, formas e prioridades de valoración establecidas nas bases da convocatoria.

-        Unha vez avaliadas as solicitudes, a comisión cualificadora deberá emitir informe no que se concrete o resultado da avaliación realizada.

A instructora, tendo en conta o expediente e o informe da comisión cualificadora, formulará unha proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que deberá notificárselles ás persoas interesadas e mediante a publicación no taboleiro de anuncios do Concello. Concederase un prazo de dez días para presentar alegacións, ou a solicitude de reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención que se propón outorgar.

Examinadas as alegacións, de ser presentadas polos interesados/as, a instructora formulará proposta de resolución definitiva, que deberá expresar o solicitante ou a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de subvención, a súa contía, con especificación da avaliación e dos criterios de valoración seguidos para realizala. Ao expediente engadirase informe no que conste que da información levada a cabo se desprende que os beneficiarios/as cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás mesmas.

As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereitos a favor do beneficiario/a  proposto fronte á Administración mentres non se realice a notificación da resolución definitiva da concesión.

O estudio e, de ser o caso, a concesión ou denegación de axudas económicas, realizarase tralo estudio do bloque de solicitudes presentadas.

 

 

8ª.-  COMISIÓN CUALIFICADORA:

 

A comisión cualificadora estará composta polo Sr. Alcalde, a Tesoureira e o Interventor do Concello, e con voz e sen voto a funcionaria instructora do procedemento.

 

9ª.- RESOLUCIÓN:

 

Unha vez que realicen todos os trámites relacionados con cada solicitude, a Comisión Cualificadora elaborará proposta de resolución que serán resoltas polo órgano competente no procedemento concedendo ou denegando a subvención.

 

De non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación da solicitude, entenderase desestimada.

A resolución pon fin a vía administrativa.

 

 

10ª.- REVOGACIÓN DA CONCESIÓN:

 

A concesión desta axuda poderá ser revogada no caso de ser concedida a alumnos/as que non reúnan algún ou algúns dos requisitos establecidos ou incorran en ocultación ou falseamento de datos. Neste caso o alumno/a deberá reintegrar o importe da axuda incrementado cos intereses de demora correspondentes dende a data da súa concesión.

 

 

NORMAS SUPLETORIAS.

 

No non previsto nestas Bases Particulares será de aplicación a Lei 38/2003, Xeral de Subvencións; e o Regulamento da Actividade de Fomento deste Concello

 

 

TERCEIRO.- Nomear como órgano instructor do procedemento a Dª Carmen Mª González Fernández, Traballadora Social, sendo Secretaria do mesmo a do Concello; tendo en conta o establecido sobre abstención e recusación nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

 

CUARTO.-  Comunicar á instructora o nomeamento e darlle traslado de cantas actuacións existan respecto diso, e habilitarlle para que realice todas as actuacións necesarias para a avaliación das solicitudes ou peticións conforme aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

 

 

QUINTO.- Dar publicidade ás presentes bases mediante anuncios no Taboleiro de anuncios do Concello, no Taboleiro principal do Conservatorio-Escola Municipal de Música e na Páxina Web do Concello (www.concellotui.org).

 

 

SEXTO.- Dar traslado do presente acordo aos Departamentos de Intervención e Servicios Sociais do Concello, así como ao Conservatorio de música do Concello de Tui e ao Pleno Corporativo na primeira sesión ordinaria que se celebre.”

 

 

E para que así conste expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde en Tui a nove de outubro de dous mil doce.

 

Vº e Pº

Categoría: Tui | Vistas: 877 | Agregado por: Admin | Valoración: 0.0/0
Total de comentarios: 0
Solamente los usuarios registrados pueden agregar comentarios.
[ Registrarse | Entrada ]
UTILIDADES
COMPARTENOS
«  Octubre 2012  »
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Total en línea: 1
Invitados: 1
Usuarios: 0

.

España

Galicia


Copyright MyCorp © 2026