Jueves, 2026/Ene/22, 9:31:22 PM
Bienvenido(a) Visitante | RSS

                     

Inicio
Registrarse
Entrada
Categorías de la sección
Deportes [4] Tui [30]
Web [3] DGT [1]
Solidarios [5] eventos [2]
Nacional [4] Internacional [3]
Humor [2] Turismo [4]
Cocina [3] S.O.S Bebes robados Galicia [1]
Tomiño [5] Porriño [2]
A Guarda [4] Consejos de pareja [2]
Nigrán [0] Gondomar [0]
Vigo [2] Baiona [0]
Salvatierra [0] Ponteareas [0]
Economía [0] Motor [0]
Salud [10]

Búscar

DONACIONES
Eurotui no esta financiada por ninguna institución pública ni privada ni tiene carácter lucrativo , si deseas hacernos una donación para mejorar nuestro servicio puedes hacerlo desde aquí .

Inicio » 2013 » Junio » 24 » Porriño.-Actividades deportivas e de lecer comparten programación no mes de xullo en Porriño
9:07:20 PM
Porriño.-Actividades deportivas e de lecer comparten programación no mes de xullo en Porriño
As concellerías de Igualdade e Servizos Sociais, Educación e Deporte poñen en marcha o campamento "Veciñeando con Lumego" para nenos de entre 6 e 12 anos
O vindeiro mércores, 26 de xuño, é o último día para inscribirse 

Baixo o nome de "Veciñeando con Lumego" celebrarase o próximo campamento de verán deportivo e urbano do Concello de Porriño. Actividades deportivas e de lecer e tempo libre comparten este ano programación durante o mes de xullo. O programa está dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos e desenvolverase en dúas quendas, do 1 ao 12 de xullo o primeiro e do 15 ao 26 de xullo o segundo, en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas.
O campamento desenvolverase no polideportivo municipal e nas instalacións do colexio Fernández López e ten un custo de 50 euros. A inscripción permanecerá aberta ata o vindeiro mércores, 26 de xuño, polo que as persoas interesadas deben dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM), en horario de mañá, ou as instalacións da piscina, pola tarde, para formalizar a matrícula. 
As actividades que realizarán os participantes van desde as artes escénicas, con representacións teatrais, de maxia e cuentacuentos, ata karaoke, excursións, talleres diversos e diversas modalidades deportivas como baile de salón, natación, bádminton, balonmano e fútbol; actividades todas elas pensadas para facer desta estadía un momento confortable e inesquecible para os máis pequenos da casa. 
Con este campamento, posto en marcha conjuntamente polas concellerías de Igualdade e Servizos Sociais, Educación e Deportes, que dirixen Teresa Veloso, Ana Martínez e M. Alejandro Lorenzo, respectivamente, trátase de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, ademais de supoñer un espazo de deporte e lecer para os nenos participantes.

Fuente : www.concellodeporriño.net

Comparte esta esta información en tu red social favorita
Categoría: Porriño | Vistas: 883 | Agregado por: Admin | Valoración: 0.0/0
Total de comentarios: 0
Solamente los usuarios registrados pueden agregar comentarios.
[ Registrarse | Entrada ]
UTILIDADES
COMPARTENOS
«  Junio 2013  »
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Total en línea: 1
Invitados: 1
Usuarios: 0

.

España

Galicia


Copyright MyCorp © 2026