| Categorías de la sección |
 | |
 |
| Búscar |
 | |
 |
| DONACIONES |
 | Eurotui no esta financiada por ninguna institución pública ni privada ni tiene carácter lucrativo , si deseas hacernos una donación para mejorar nuestro servicio puedes hacerlo desde aquí . |
 |
|
 |  |  |
 | Inicio » 2013 » Junio » 24 » INAUGURACIÓN CASA CULTURAL REGO DA SALGOSA
7:56:08 PM INAUGURACIÓN CASA CULTURAL REGO DA SALGOSA |
Ao acto asistiron autoridades locais, veciños e veciñas da zona e comisión directiva
Onte, domingo 21 de xuño de 2013, quedou oficialmente inaugurada a Casa Cultural da Asociación Veciñal Rego da Salgosa. Despois de dous anos de obras, coa axuda do Concello, agora os veciños e veciñas de Vilar e Vilachán, terán á súa disposición un novo centro onde celebrar as súas reunións e actividades culturais e de ocio.
Ao acto asistiron veciños de Vilar e Vilachán,comisión directiva da A.V. Rego da Salgosa, e autoridades locais (alcaldesa de Tomiño, Sandra González; concelleira de Cultura, Cristina Martínez, e outros membros do goberno).
O presidente da Asociación Veciñal Rego da Salgosa, Manuel Calzado Domínguez, agradeceu especialmente o investimento realizado polo Concello para a restauración da obra, e lembrou as orixes da que foi durante moitos anos, casa dos mestres "que nos ensinaron a ler e escribir e a encamiñar a vida de case todos os aquí presentes".
Calzado referiuse tamén á función dunha asociación veciñal, que "debe servir para unir ás persoas, representar aos veciños, alertar aos organismos competentes sobre ás necesidades que aqueles poidan ter". O presidente da asociación Rego da Salgosa asegurou, asemade, ue nas actividades da nova casa cultural, terán moi presente á mocidade, "ensinándolle a valorar a historia e os costumes, pois non entendemos un futuro sen pasado".
A alcaldesa, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción por ter colaborado dende o goberno local, cun proxecto que permitirá ter aos veciños e veciñas da zona, un lugar de encontro, unión e convivencia.
Fuente : www.concellotomino.com
Comparte esta esta información en tu red social favorita
|
|
Categoría: Tomiño |
Vistas: 939 |
Agregado por: Admin
| Valoración: 0.0/0 |
|  |
 |  |
 |  |  |
|
| UTILIDADES |
 | COMPARTENOS
| « Junio 2013 » |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| | | | | | 1 | 2 | | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Total en línea: 3 Invitados: 3 Usuarios: 0 |
 |
| . |
 | |
 |
| España |
 | |
 |
| Galicia |
 | |
 |
|