| Categorías de la sección |
 | |
 |
| Búscar |
 | |
 |
| DONACIONES |
 | Eurotui no esta financiada por ninguna institución pública ni privada ni tiene carácter lucrativo , si deseas hacernos una donación para mejorar nuestro servicio puedes hacerlo desde aquí . |
 |
|
 |  |  |
 | Inicio » 2013 » Junio » 24 » Imaxina Sons incorpora actividades para público familiar na súa novena edición
8:35:03 PM Imaxina Sons incorpora actividades para público familiar na súa novena edición |
O próximo 28 de xuño arranca en Vigo a novena edición de Imaxina Sons coa actuación do pianista armenio Tigrán. Organizado e promovido polo Concello, este festival de jazz manterase fiel a tradición europea e, como novidade, incorpora unha nova actividade paralela: a Academia de sons.
 Abel Caballero presentou hoxe venres a novena edición do Festival de Jazz Imaxina Sons que, organizado polo Concello, estenderase desde o 28 de xuño ata o 6 de xullo. Cun orzamento de 170.000 euros, a mesma cantidade que o ano pasado, o rexedor amosou a súa "satisfacción" por continuar cun evento cultural que se mantén fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e español. Durante a rolda de prensa, acompañado polo director artístico do festival, Nani García, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, Caballero lembrou que Imaxina Sons é un dos festivais de jazz máis prestixiosos da península que este ano contará con doce concertos principais dos que seis serán no Auditirio Municipal e o resto se repartirán entre a Praza da Constitución e o Museo Marco. Nani García resaltou p articipantes de primeiro nivel como o pianista armenio Tigrán ou o acordeonista francés Richard Galliano, que abrirán e pecharán o festival, respectivamente.
Como novidade, Imaxina Sons abre un novo espazo "Academia de Sons" que, con propostas didácticas en forma de concertos, obradoiros e cinema, quere conectar cun público amplo, familiar, infantil e xuvenil. A participación nestas actividaes paralelas, nalgúns casos, precisará de inscripción previa a través del 010, desde hoxe venres ata as 14,00 horas do venres 28.
As entradas para os concertos de pago- Auditorio Municipal (5 euros) e salón de actos do Marco (3 euros)- saen hoxe á venda no servizo de Servinova (www.servinova.com) o no teléfono 902.504.500. Os concertos da Praza da Constitución serán de acceso libre e, no caso de inclemencias meteorolóxicas, a organización poderá decidir o seu traslado ao teatro Salecianos, con entrada libre ata completar o aforo.
Fuente : xornal.vigo.org
Comparte esta esta información en tu red social favorita
|
|
Categoría: Vigo |
Vistas: 856 |
Agregado por: Admin
| Valoración: 0.0/0 |
|  |
 |  |
 |  |  |
|
| UTILIDADES |
 | COMPARTENOS
| « Junio 2013 » |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| | | | | | 1 | 2 | | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Total en línea: 1 Invitados: 1 Usuarios: 0 |
 |
| . |
 | |
 |
| España |
 | |
 |
| Galicia |
 | |
 |
|