Martes, 2026/Ene/20, 4:53:05 AM
Bienvenido(a) Visitante | RSS

                     

Inicio
Registrarse
Entrada
Categorías de la sección
Deportes [4] Tui [30]
Web [3] DGT [1]
Solidarios [5] eventos [2]
Nacional [4] Internacional [3]
Humor [2] Turismo [4]
Cocina [3] S.O.S Bebes robados Galicia [1]
Tomiño [5] Porriño [2]
A Guarda [4] Consejos de pareja [2]
Nigrán [0] Gondomar [0]
Vigo [2] Baiona [0]
Salvatierra [0] Ponteareas [0]
Economía [0] Motor [0]
Salud [10]

Búscar

DONACIONES
Eurotui no esta financiada por ninguna institución pública ni privada ni tiene carácter lucrativo , si deseas hacernos una donación para mejorar nuestro servicio puedes hacerlo desde aquí .

Inicio » 2013 » Junio » 24 » A SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA A SEGUNDA EDICIÓN DO VERÁN DEPORTIVO DE TOMIÑO NO ESPAZO FORTALEZA
7:44:30 PM
A SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA A SEGUNDA EDICIÓN DO VERÁN DEPORTIVO DE TOMIÑO NO ESPAZO FORTALEZA
Á proba, puntuable para o campionato galego, sumaranse outras de carácter amigable entre equipos de España e Portugal
Concello de TomiñoTomiño puxo en marcha o sábado 22 de xuño, o segundo Verán Deportivo no Espazo Fortaleza de Goián, que se abriu co I Trofeo Concello de Tomiño de Balonm
án Praia,  entre a Selección Galega de Balonmán e a selección da zona Norte de Portugal (Aveiro).

Tras estrear en 2012 a vertente deportiva da Praia Fluvial de Goián, este ano amplíase a oferta, pensando sobre todo en facilitar a práctica de deportes aos mozos e mozas de Tomiño, cunha variedade de propostas específicas para estas datas estivais. As disciplinas escollidas para este verán son balonmán, volei e fútbol praia.

A presentación da programación tivo lugar no Concello de Tomiño, coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, e os responsables das empresas organizadoras.

O día 22 ás 17.00 horas, celebrouse en Goián a primeira proba do campionato galego de Balonmán Praia. O circuíto galego terá este ano 5 probas no sur, e 3 na zona norte. Os mellores gañarán o pase á final galega e posteriormente ao campionato de España. As probas finalizarán este domingo a partir das 18.00 horas. Os encontros disputaranse na zona deportiva do Espazo Fortaleza, debidamente acondicionada.

Ademais, o mesmo sábado as sete da tarde, celebrouse a rolda de encontros amigables entre seleccións de Galicia e de Portugal, en categoría senior e xuvenil, masculina e feminina. 
Asemade, de forma paralela aos eventos de
portivos, o Concello organiza actividades de ocio para nenos e nenas. O sábado, houbo "Castelos de area” e o domingo, "Xogos Xigantes”, ademais de inchables ambos os dous días.

Xa no mes de xullo, será o tempo do voleibol praia, coa proba que abrirá o campionato galego, que constará de seis citas en total. Algunhas das mellores parellas de Galicia (como Valal/Majo ou Diego/Víctor) xogarán cos afeccionados ao volei praia de Tomiño e arredores, para repartir os puntos, de cara ao campionato galego.

No mesmo fin de semana haberá oco para os que xa non son tan mozos, coa categoría súper 80, para maiores de 35 anos.  A guinda a porán os mellores sub-1
9 e sub-21 de Galicia, que disputarán o campionato galego en categorías masculina e feminina.


E xa no mes de agosto, será o evento con maior demanda de participación: o Campionato de Fútbol Praia, que o ano pasado foi un verdadeiro éxito. Os equipos locais coparán os cadros dun torneo, que contará con categorías masculina, feminina e sub-16. Debido á alta demanda deste torneo e ás limitacións de espazo e tempo, prégase aos equipos interesados que axilicen as inscricións co fin de asegurar a praza.

En todos os campionatos haberá trofeos e agasallos de material deportivo. As inscricións pódense facer online na web www.verandeportivo.com ou chamando ao número de teléfono 607 877 995. 


 Comparte esta esta información en tu red social favorita
Categoría: Tomiño | Vistas: 889 | Agregado por: Admin | Valoración: 0.0/0
Total de comentarios: 0
Solamente los usuarios registrados pueden agregar comentarios.
[ Registrarse | Entrada ]
UTILIDADES
COMPARTENOS
«  Junio 2013  »
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Total en línea: 1
Invitados: 1
Usuarios: 0

.

España

Galicia


Copyright MyCorp © 2026